GENÉRICOS:
Un medicamento xenérico é aquel que non se distribúe cun nome comercial e posúe a mesma concentración e dosificación que a súa equivalente de marca. Os medicamentos xenéricos producen os mesmos efectos cá súa contraparte comercial, xa que posén o mesmo principio activo.
A principal vantaxe dun medicamento xenérico
fronte a un medicamento de marca é o menor costo de fabricación, xa que o
xenérico non require de inversión en investigación, posto que non ten que
desenvolver unha nova molécula para o seu desenvolvemento e promoción. Ademáis
da vantaxe do prezo, estes medicamentos cumpren cos mesmos rexistros sanitarios
cós medicamentos de marcas e teñen a mesma eficacia sobre o organismo.
Un medicamento xenérico é autorizado
oficialmente sobre a base de estudos científicos, unha vez expirada a patente
do medicamento de marca que é a que lle da exclusividade por certo período de
tempo no mercado, os fabricantes de fármacos poden acceder a ela e desenvolver
o xenérico.
En España existe o prezo de referencia desde o
1 de novembro de 2011, que obriga a baixar as marcas a prezo de xenérico. Polo
tanto en España no hai diferenza de prezos entre os fármacos do mesmo grupo de
referencia. En España vale o mesmo un xenérico (EFG) que a súa respectiva marca
comercial.
Pros e contras
Marxe de actividade:
1.Argumento:
o medicamento xenérico pode ter supostamente unha actividade entre ±20% da
actividade do medicamento de marca.
1.Contraargumento: a
marxe do ±20% estableceuse porque é o mesmo que o que se lle permite a
calqueira marca comercial entre o seus distintos lotes.
2.Argumento: debido a que para determinadas enfermidades, como
por exemplo as que afectan ó sistema nervioso, pequenas variacións na dosis da
medicación poden provocar graves percances non se soen recetar medicamentos
xenéricos de sedantes, hipnóticos... (Debido, obviamente, a que non teñen os
mesmos efectos que un medicamento de marca, que foi investigado, estudado e
analizado meticulosamente).
2.Contraargumento: Existen numerosos
xenéricos de eses grupos. Outra cousa é que en cada país establecen unhas
limitacións e en casos concretos algúns principios activos poden quedar
excluídos.
Maior variabilidade (cor, forma,
etc.):
1.Argumento: os xenéricos permiten un maior número de
laboratorios fabricando, cada un co seu envase característico e con variacións
no color, tamaño, marcas, etc., da presentación concreta. Isto pode levar a
confusións dos pacientes e orixinar intoxicacións ou danos producidos pola toma
equivocada dos fármacos.
1.Contraargumento: a forma idónea de que
un paciente coñeza os fármacos que toma é polo nome do principio activo. É
decir, un paciente debe saber o que é o Paracetamol, da mesma forma que sabe o
que é o Febrectal (por exemplo, en España). O mesmo problema o pode ter con
diferentes presentacións con marcas do principio activo e por exemplo tomar
unha marca comercial de paracetamol porque lle doe a cabeza e á vez tomarse
outra marca comercial porque ten febre (por exemplo no caso dun resfriado).
Como o paciente se fixa no nome comercial e non no principio activo, pensa que
son compostos diferentes e pode ter problemas de intoxicación. Cós xenéricos
isto no ocorrería, posto que en ambos viría indicado o paracetamol como nome
sustitutorio á marca.
A calidade vai có prezo:
1.Argumento: ninguén regala nada. Se os xenéricos son máis
baratos, por algo será.
1.Contraargumento: No prezo de venda dun específico, inflúen
varios conceptos: coste dos produtos, custe do cartonaxe, pago de patente,
custe de comercialización, impostos estatais, marxe de beneficios da industria
farmacéutica, marxe de beneficios da farmacia dispensadora, actividades de
promoción do produto entre a clase médica e farmacéutica, etc. Na inmensa
maioría dos casos o prezo do principio activo (a sustancia que realmente fai
efecto) non chega nin ao 5% do prezo final do produto. En cambio, os gastos
ligados ó marxe comercial das farmacias rara vez baixan do 20% (segundo
países), os gastos de promocionar o produto entre o 15% e o 20%, e incluso os
gastos de envasado (cartonaxe e demais) en ocasións son superiores aos do
propio principio activo. O menor gasto do xenérico soe vir fundamentalmente por
catro vías: Non se paga patente, os gastos de envasado son menores, a marxe da
farmacia dispensadora é menor e os gastos de promoción comercial practicamente
nulos. Ademais, en ocasións o estado baixa as tasas para este tipo de produtos.
1. Contraargumento ao
contraargumento: A patente non "se paga",
pídese autorización e tralos estudos pertinentes adxudícancha o non. Os gastos
de envasado non teñen por qué ser menores. A marxe da farmacia é a mesma (según
o PVP do medicamento. En España, se é menor a 91,63 €, a marxe é de 27,9%, sexa
xenérico o no), a promoción comercial é nula en ambos casos, pois está
prohibida pola lei. A diferenza no prezo é a inversión en investigación do
principio activo (que se recupera con creces no tempo que dura a patente) e na
marxe do laboratorio. Ao expirar unha patente, a diferenza de prezo só se
establece en función do beneficio de cada laboratorio.
Os laboratorios que
fabrican xenéricos non investigan:
1.Argumento: se a tasa de medicamentos xenéricos consumidos con
respecto á total é alta, os laboratorios que investigan novos fármacos non
poderán manter a investigación, e no haberá fármacos novos.
1.Contraargumento: se todos os
medicamentos esenciais no tiveran xenéricos, os sistemas sanitarios públicos
serían insostibles e o prezo tan alto faría tamén prohibitiva a súa adquisición
privada. Os laboratorios que investigan un fármaco teñen uns anos, nos cales a
patente está protexida. Habería que avanzar ata facer proporcional a duración
desta patente á inversión económica do laboratorio.
Os
medicamentos xenéricos están facendo máis ricos aos farmacéuticos propietarios
de farmacias:
1.Argumento: os laboratorios fabricantes de xenéricos están
ofrecendo importantes descontos e ofertas aos farmacéuticos propietarios de
farmacias que non facían os fabricantes de moléculas orixinais.
1.Contraargumento: Aínda que a marxe de
beneficios dos xenéricos sexa maior polas bonificacións que ofrecen os
laboratorios de xenéricos, estes teñen un prezo menor que os de marca, polo que
o beneficio neto pode ser igual ou incluso menor para o farmacéutico.
Na miña
conclusión, penso que como dixen habería que avanzar ata facer proporcional a
duración das patente á inversión económica do laboratorio, xa que se non
existisen patentes, non poderíamos seguir investigando, aínda que habería que
baixar os seus prezos, e tampouco poderíamos vivir sen xenéricos por que
abaratan moito os custes facendo que os fármacos podan chegar a todos.
Exemplo
dos elevados prezos das patentes que xa comentei:
Unha nena vai o médico e lle di:
- Mira, a miña nai e mais a miña avoa tiveron
cancro de mama e unha amiga díxome que debería mirar se teño mutados os xens
BRCA1 e BRCA2, que están directamente relacionados con este e outros cancros. E
isto certo?.
-(doutor) Si, é certo, sería moi conveniente
facerte as probas mais o test costa 3.500 dolares.
- Tanto? Como é tan caro?
-(doutor) Por que estes xens están patentados
desde 1995, e as analises só as pode facer unha compañía o prezo que eles dicten.
ALEJANDRO CERDEIRA BARRAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario