lunes, 19 de febrero de 2018


                   MENCIÑA ALTERNATIVA:

 
Menciña alternativa é toda práctica que afirma ter os efectos sanadores da menciña pero que no está apoiada por probas obtidas mediante o método científico,polo que a súa efectividade non foi probada máis alá do efecto placebo. Consiste nun amplo rango de prácticas, produtos e «terapias». Nesta denominación se inclúen prácticas pseudomédicas novas e tradicionais como homeopatía, naturopatía, quiropraxia, curación enerxética, ozonoterapia, radiestesia, varias formas de acupuntura, menciña tradicional china, menciña aiurvédica, curación divina, xunto a outros tratamentos que non son parte da menciña científica.





FACTORES NEGATIVOS DA MENCIÑA ALTERNATIVA



- Serios problemas de saúde vinculados, por exemplo, á substitución da menciña tradicional pola alternativa, aos efectos adversos da combinación de medicamentos e herbas convencionais, etc.



- As menciñas tradicionais están suxeitas a centos de probas antes de ser utilizadas nas persoas e dentro das indicacións son posibles efectos secundarios e contraindicacións. En contraste coas menciñas alternativas que non se probaron cientificamente, descoñécese a forma en que actúan, por exemplo, en combinación con outros tipos de medicamentos convencionais, con suplementos vitamínicos, etc. É dicir, descoñécese como actúan realmente no organismo.



- As menciñas naturais como herbas ou plantas, a diferenza das medicinas convencionais, non están controladas. Isto pode provocar fallos como nas doses. Mentres que con medicamentos convencionais é coñecido por investigacións e controis previos cal é a cantidade do ingrediente activo para cada comprimido, por exemplo; Isto non ocorre con medicamentos naturais. E o perigo disto é que o ingrediente activo dunha determinada herba ou planta pode variar segundo diferentes factores como a época do ano, o xeito de colleita, a forma de preparación, etc. Iso pode levar a conter altas ou moi baixas doses do ingrediente activo e non producir o efecto desexado.



- Aínda que moitas das medicinas alternativas son fabricadas por compañías coñecidas que están suxeitas a controis de calidade, os niveis de control de medicamentos alternativos non son tan estritos como os dos medicamentos convencionais. Aínda que o risco é baixo, existe tamén a posibilidade de que os produtos farmacéuticos poidan estar contaminados con sustancias potencialmente perigosas durante o proceso e que non se detecten debido a controis menos estritos.



- se consumimos herbas silvestres, recollidas por nós mesmos, podemos intoxicarnos -no mellor dos casos- por unha mala identificación da herba en cuestión.



- Ademáis, en moitas ocasións, as persoas toman medicamentos a base de plantas porque creen que teñen algo, sen saber con certeza se eles teñen ou non



FACTORES POSITIVOS DA MENCIÑA ALTERNATIVA



Os partidarios da menciña alternativa sosteñen que esta pode proporcionar beneficios á saúde mediante a participación do paciente, ofrecendo máis opcións ao público, incluídos tratamentos que simplemente non están disponibles na menciña convencional.
Os seus partidarios sosteñen que traballos de investigación recentemente publicados (Michaelsen 2003, Gosankorale 2013 e Berg 2013) demostran a eficacia de tratamentos alternativos específicos.
Afirman que unha búsqueda en Pubmed atopou cerca de 370000 artigos de investigación clasificados como menciña alternativa publicados en revistas recoñecidas por Medline dende 1966.

Aínda que os partidarios da menciña alternativa recoñecen que o efecto placebo pode xogar un papel no beneficio que proporcionan as terapias alternativa, hai que destacar que o efecto placebo tamén inflúe na menciña convencional. Polo tanto sinálase que isto non diminúe a súa validez.

Sempre que os tratamentos alternativos se usen xunto os tratamentos médicos convencionais, a maioría dos médicos aceptan a maior parte da menciña complementaria (excepto cando interfire coa menciña convencional).

O problema da interferencia entre a menciña alternativa e a convencional minimízase cando so se recorre á primeira frase tras esgotar todas as posibilidades da segunda.

Son menos agresivas para o corpo.

Promoven o benestar xeneral, non so combate un síntoma. Moitos tratamentos naturais tamén te axudan coas túas emocións.

Non teñen efectos a longo prazo. A diferencia de moitas menciñas que deixan sustancias no teu corpo que poden danar os teus órganos.

Son máis económicos. Porque non estás pagando o laboratorio.

Son preventivos. Podes recibir un tratamento antes de que aparezan síntomas na enfermidade.



Os métodos alternativos son máis lentos pero non provocan alerxias, problemas dos riles, estómago... Por exemplo podería ser o té de limón con mel.


MARIA SILVA CHAVES

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Etsy

Etsy  Tal y como la misma conpañía se define, “E tsy es un mercado global de artículos únicos y creativos. Es el hogar de un universo d...