miércoles, 21 de febrero de 2018

PATENTES


A patente é un dereito outorgado polo Estado que permite explotar en exclusiva un invento ou as súas melloras. Este dereito concede ao titular da patente exclusividade e impide a terceiros facer uso da tecnoloxía patentada. As patentes son outorgadas polos Estados por un tempo limitado que actualmente, seguindo normas del ADPIC1 é de vente años. Despois da caducidade da patente calquera persoa pode facer uso da tecnoloxía da patente sen a necesidade do consentimento do titular desta. A invención entra entón ao dominio público.
O titular dunha patente pode ser unha ou varias persoas nacionais ou extranxeiras, físicas ou xurídicas, combinadas da maneira que se especifique na solicitude, no porcentaxe alí mencionado. Os dereitos das patentes caen dentro do que se denomina propiedade industrial e, ao igual que a propiedade inmobiliaria, estos dereitos pódense transferir por actos entre vivos ou por vía sucesoria, podendo: rentarse, licenciarse, venderse, permutarse ou herdarse. As patentes poden tamén ser valoradas, para estimar o importe económico aproximado que debe pagarse por elas.


PARTES POSITIVAS


Como principal vantaxe normalmente sinálase que o uso das patentes evita que os potenciais imitadores copien o produto. Durante os 10 o 20 anos que dura a patente dun invento, o emprendedor terá dereito de comercializar o seu produto con exclusividade. Cando se patentou os Post-it en 1981 tiveron por 10 años un mercado para eles solos, o mesmo sucedeu cando inventaron a cinta adhesiva en 1924.

As patentes facilitan a comercialización, sendo un excelente argumento de venta e marketing. Contar con patentes aporta prestixio e incrementa o valor dunha marca por tanto, no caso dunha empresa, reflésaxe unha imaxe de seriedade e de confianza de cara a os consumidores.
Motiva a creatividade do inventor, xa que agora ten a garantía de que a súa actividade inventiva estará protexida durante 20 años e será o único en explotala.
Se a patente ten bo éxito comercial ou industrial, o inventor benefíciase con as licencias de explotación que decida outorgar a terceiras persoas.
Debido a que a actividade inventiva non se gardará ou só se utiliza para si evitando a súa explotación industrial; o inventor sempre dará a coñecer, publicitar e explicar os beneficios que o seu invento ten.
Se non se patenta unha invención, é posible que os competidores se aproveiten dela. Se o produto ten éxito, moitas empresas da competencia veranse tentadas a fabricar o mesmo produto utilizando a invención sen necesidade de pedir autorización. As grandes empresas poden aproveitar as economías de escala para fabricar o produto a costos máis reducidos e competir a un prezo de mercado máis favorable.




PARTES NEGATIVAS


Dificulta a libre difusión das innovacións freando o desenvolvemento tecnolóxico.
Supón obstáculos monopolistas á libre competencia.
Dificulta o acceso dos países empobrecidos ás novas tecnoloxías.
Desincentiva a investigación ao establecer un período de utilización exclusiva dunha tecnoloxía sen necesidade de mellorala.


Adrián Parada Barral

lunes, 19 de febrero de 2018


                   MENCIÑA ALTERNATIVA:

 
Menciña alternativa é toda práctica que afirma ter os efectos sanadores da menciña pero que no está apoiada por probas obtidas mediante o método científico,polo que a súa efectividade non foi probada máis alá do efecto placebo. Consiste nun amplo rango de prácticas, produtos e «terapias». Nesta denominación se inclúen prácticas pseudomédicas novas e tradicionais como homeopatía, naturopatía, quiropraxia, curación enerxética, ozonoterapia, radiestesia, varias formas de acupuntura, menciña tradicional china, menciña aiurvédica, curación divina, xunto a outros tratamentos que non son parte da menciña científica.





FACTORES NEGATIVOS DA MENCIÑA ALTERNATIVA



- Serios problemas de saúde vinculados, por exemplo, á substitución da menciña tradicional pola alternativa, aos efectos adversos da combinación de medicamentos e herbas convencionais, etc.



- As menciñas tradicionais están suxeitas a centos de probas antes de ser utilizadas nas persoas e dentro das indicacións son posibles efectos secundarios e contraindicacións. En contraste coas menciñas alternativas que non se probaron cientificamente, descoñécese a forma en que actúan, por exemplo, en combinación con outros tipos de medicamentos convencionais, con suplementos vitamínicos, etc. É dicir, descoñécese como actúan realmente no organismo.



- As menciñas naturais como herbas ou plantas, a diferenza das medicinas convencionais, non están controladas. Isto pode provocar fallos como nas doses. Mentres que con medicamentos convencionais é coñecido por investigacións e controis previos cal é a cantidade do ingrediente activo para cada comprimido, por exemplo; Isto non ocorre con medicamentos naturais. E o perigo disto é que o ingrediente activo dunha determinada herba ou planta pode variar segundo diferentes factores como a época do ano, o xeito de colleita, a forma de preparación, etc. Iso pode levar a conter altas ou moi baixas doses do ingrediente activo e non producir o efecto desexado.



- Aínda que moitas das medicinas alternativas son fabricadas por compañías coñecidas que están suxeitas a controis de calidade, os niveis de control de medicamentos alternativos non son tan estritos como os dos medicamentos convencionais. Aínda que o risco é baixo, existe tamén a posibilidade de que os produtos farmacéuticos poidan estar contaminados con sustancias potencialmente perigosas durante o proceso e que non se detecten debido a controis menos estritos.



- se consumimos herbas silvestres, recollidas por nós mesmos, podemos intoxicarnos -no mellor dos casos- por unha mala identificación da herba en cuestión.



- Ademáis, en moitas ocasións, as persoas toman medicamentos a base de plantas porque creen que teñen algo, sen saber con certeza se eles teñen ou non



FACTORES POSITIVOS DA MENCIÑA ALTERNATIVA



Os partidarios da menciña alternativa sosteñen que esta pode proporcionar beneficios á saúde mediante a participación do paciente, ofrecendo máis opcións ao público, incluídos tratamentos que simplemente non están disponibles na menciña convencional.
Os seus partidarios sosteñen que traballos de investigación recentemente publicados (Michaelsen 2003, Gosankorale 2013 e Berg 2013) demostran a eficacia de tratamentos alternativos específicos.
Afirman que unha búsqueda en Pubmed atopou cerca de 370000 artigos de investigación clasificados como menciña alternativa publicados en revistas recoñecidas por Medline dende 1966.

Aínda que os partidarios da menciña alternativa recoñecen que o efecto placebo pode xogar un papel no beneficio que proporcionan as terapias alternativa, hai que destacar que o efecto placebo tamén inflúe na menciña convencional. Polo tanto sinálase que isto non diminúe a súa validez.

Sempre que os tratamentos alternativos se usen xunto os tratamentos médicos convencionais, a maioría dos médicos aceptan a maior parte da menciña complementaria (excepto cando interfire coa menciña convencional).

O problema da interferencia entre a menciña alternativa e a convencional minimízase cando so se recorre á primeira frase tras esgotar todas as posibilidades da segunda.

Son menos agresivas para o corpo.

Promoven o benestar xeneral, non so combate un síntoma. Moitos tratamentos naturais tamén te axudan coas túas emocións.

Non teñen efectos a longo prazo. A diferencia de moitas menciñas que deixan sustancias no teu corpo que poden danar os teus órganos.

Son máis económicos. Porque non estás pagando o laboratorio.

Son preventivos. Podes recibir un tratamento antes de que aparezan síntomas na enfermidade.



Os métodos alternativos son máis lentos pero non provocan alerxias, problemas dos riles, estómago... Por exemplo podería ser o té de limón con mel.


MARIA SILVA CHAVES

domingo, 18 de febrero de 2018

         

                 GENÉRICOS:


Un medicamento xenérico é aquel que non se distribúe cun nome comercial e posúe a mesma concentración e dosificación que a súa equivalente de marca. Os medicamentos xenéricos producen os mesmos efectos cá súa contraparte comercial, xa que posén o mesmo principio activo.
A principal vantaxe dun medicamento xenérico fronte a un medicamento de marca é o menor costo de fabricación, xa que o xenérico non require de inversión en investigación, posto que non ten que desenvolver unha nova molécula para o seu desenvolvemento e promoción. Ademáis da vantaxe do prezo, estes medicamentos cumpren cos mesmos rexistros sanitarios cós medicamentos de marcas e teñen a mesma eficacia sobre o organismo.
Un medicamento xenérico é autorizado oficialmente sobre a base de estudos científicos, unha vez expirada a patente do medicamento de marca que é a que lle da exclusividade por certo período de tempo no mercado, os fabricantes de fármacos poden acceder a ela e desenvolver o xenérico.
En España existe o prezo de referencia desde o 1 de novembro de 2011, que obriga a baixar as marcas a prezo de xenérico. Polo tanto en España no hai diferenza de prezos entre os fármacos do mesmo grupo de referencia. En España vale o mesmo un xenérico (EFG) que a súa respectiva marca comercial.

                           Pros e contras
             Marxe de actividade:
  1.Argumento: o medicamento xenérico pode ter supostamente unha actividade entre ±20% da actividade do medicamento de marca.
  1.Contraargumento: a marxe do ±20% estableceuse porque é o mesmo que o que se lle permite a calqueira marca comercial entre o seus distintos lotes.                                                                           

2.Argumento: debido a que para determinadas enfermidades, como por exemplo as que afectan ó sistema nervioso, pequenas variacións na dosis da medicación poden provocar graves percances non se soen recetar medicamentos xenéricos de sedantes, hipnóticos... (Debido, obviamente, a que non teñen os mesmos efectos que un medicamento de marca, que foi investigado, estudado e analizado meticulosamente).

2.Contraargumento: Existen numerosos xenéricos de eses grupos. Outra cousa é que en cada país establecen unhas limitacións e en casos concretos algúns principios activos poden quedar excluídos.
         Maior variabilidade (cor, forma, etc.):
1.Argumento: os xenéricos permiten un maior número de laboratorios fabricando, cada un co seu envase característico e con variacións no color, tamaño, marcas, etc., da presentación concreta. Isto pode levar a confusións dos pacientes e orixinar intoxicacións ou danos producidos pola toma equivocada dos fármacos.
1.Contraargumento: a forma idónea de que un paciente coñeza os fármacos que toma é polo nome do principio activo. É decir, un paciente debe saber o que é o Paracetamol, da mesma forma que sabe o que é o Febrectal (por exemplo, en España). O mesmo problema o pode ter con diferentes presentacións con marcas do principio activo e por exemplo tomar unha marca comercial de paracetamol porque lle doe a cabeza e á vez tomarse outra marca comercial porque ten febre (por exemplo no caso dun resfriado). Como o paciente se fixa no nome comercial e non no principio activo, pensa que son compostos diferentes e pode ter problemas de intoxicación. Cós xenéricos isto no ocorrería, posto que en ambos viría indicado o paracetamol como nome sustitutorio á marca.​
                   A calidade vai có prezo:
1.Argumento: ninguén regala nada. Se os xenéricos son máis baratos, por algo será.
1.Contraargumento: No prezo de venda dun específico, inflúen varios conceptos: coste dos produtos, custe do cartonaxe, pago de patente, custe de comercialización, impostos estatais, marxe de beneficios da industria farmacéutica, marxe de beneficios da farmacia dispensadora, actividades de promoción do produto entre a clase médica e farmacéutica, etc. Na inmensa maioría dos casos o prezo do principio activo (a sustancia que realmente fai efecto) non chega nin ao 5% do prezo final do produto. En cambio, os gastos ligados ó marxe comercial das farmacias rara vez baixan do 20% (segundo países), os gastos de promocionar o produto entre o 15% e o 20%, e incluso os gastos de envasado (cartonaxe e demais) en ocasións son superiores aos do propio principio activo. O menor gasto do xenérico soe vir fundamentalmente por catro vías: Non se paga patente, os gastos de envasado son menores, a marxe da farmacia dispensadora é menor e os gastos de promoción comercial practicamente nulos. Ademais, en ocasións o estado baixa as tasas para este tipo de produtos.
1. Contraargumento ao contraargumento: A patente non "se paga", pídese autorización e tralos estudos pertinentes adxudícancha o non. Os gastos de envasado non teñen por qué ser menores. A marxe da farmacia é a mesma (según o PVP do medicamento. En España, se é menor a 91,63 €, a marxe é de 27,9%, sexa xenérico o no), a promoción comercial é nula en ambos casos, pois está prohibida pola lei. A diferenza no prezo é a inversión en investigación do principio activo (que se recupera con creces no tempo que dura a patente) e na marxe do laboratorio. Ao expirar unha patente, a diferenza de prezo só se establece en función do beneficio de cada laboratorio.
                    Os laboratorios que fabrican xenéricos non investigan:
1.Argumento: se a tasa de medicamentos xenéricos consumidos con respecto á total é alta, os laboratorios que investigan novos fármacos non poderán manter a investigación, e no haberá fármacos novos.
1.Contraargumento: se todos os medicamentos esenciais no tiveran xenéricos, os sistemas sanitarios públicos serían insostibles e o prezo tan alto faría tamén prohibitiva a súa adquisición privada. Os laboratorios que investigan un fármaco teñen uns anos, nos cales a patente está protexida. Habería que avanzar ata facer proporcional a duración desta patente á inversión económica do laboratorio.
                                                   

Os medicamentos xenéricos están facendo máis ricos aos farmacéuticos propietarios de farmacias:
1.Argumento: os laboratorios fabricantes de xenéricos están ofrecendo importantes descontos e ofertas aos farmacéuticos propietarios de farmacias que non facían os fabricantes de moléculas orixinais.
1.Contraargumento: Aínda que a marxe de beneficios dos xenéricos sexa maior polas bonificacións que ofrecen os laboratorios de xenéricos, estes teñen un prezo menor que os de marca, polo que o beneficio neto pode ser igual ou incluso menor para o farmacéutico.


  Na miña conclusión, penso que como dixen habería que avanzar ata facer proporcional a duración das patente á inversión económica do laboratorio, xa que se non existisen patentes, non poderíamos seguir investigando, aínda que habería que baixar os seus prezos, e tampouco poderíamos vivir sen xenéricos por que abaratan moito os custes facendo que os fármacos podan chegar a todos.

     Exemplo dos elevados prezos das patentes que xa comentei:
Unha nena vai o médico e lle di:
- Mira, a miña nai e mais a miña avoa tiveron cancro de mama e unha amiga díxome que debería mirar se teño mutados os xens BRCA1 e BRCA2, que están directamente relacionados con este e outros cancros. E isto certo?.
-(doutor) Si, é certo, sería moi conveniente facerte as probas mais o test costa 3.500 dolares.
- Tanto? Como é tan caro?

-(doutor) Por que estes xens están patentados desde 1995, e as analises só as pode facer unha compañía o prezo que eles dicten.


ALEJANDRO CERDEIRA BARRAL


Etsy

Etsy  Tal y como la misma conpañía se define, “E tsy es un mercado global de artículos únicos y creativos. Es el hogar de un universo d...