ÉRASE UNHA VEZ O HOME:
Hoxe, nesta entrada, imos falar da diferenciación producida ao longo do proceso de evolución entre os xéneros Homo e non Homo.


Agora ímos falar da árbore dos Paranthropus. Esta rama empeza co Paranthropus africanus ( o que singnifica mono do sur de África). Este viviu fai uns aproximadamente uns 2.5 millóns de anos en Sudáfrica. Su caixa craneal é máis alta e redondeada ca dos antropomorfos e o seu esqueleto postcraneal é similar ó do A. aferensis. Tiña unha cara curta e a mandíbula adiantada con respecto ao maxilar e con dentes pequenos.

Seguimos co Paranthropus robustus, o cal provén do africanus e habitou en Sudáfrica fai entre uns 2 e 1.2 millóns de anos ( robustus débese a que os primeiros hallazgos atopados en África era restos de mandíbulas de gran tamaño, o que levou a pensar que o corpo sería enorme pero finalmente descubriuse que o corpo era de tamaño similar ó dos antepasados). Tiña un gran aparato mastigador, un rostro achatado, meixelas abultadas e unha pequena cresta ósea na parte superior cabeza.
Na última rama dos Paranthropus imos falar do Paranthropus boisei. Este habitou na parte oriental de África fai entre uns 2.3 e 1.3 millóns de anos. Presenta unha cara moi ancha e redondeada, con incisivos moi pequenos e pero molares moi grandes e unha cresta saxital (protuberancia ósea que recorre a parte superior de cráneo).

Agora imos centrarnos no xénero Homo, descendiente do Australopitécus afarensis. No primeiro no que nos imos centrar é no H. habilis, descendente directo do A. afarensis. Este viviu en África fai entre uns 2.4 e 1.6 millóns de anos atrás. O seu nome significa "home hábil", que fai referencia ós instrumentos líticos confeccionados por este. A diferencia máis notable entre o xénero Homo e o Australopitecus é o aumento do tamaño cerebral producido no xénero Homo As características principais do H. habilis son: cráneo máis redondeado, incisivos espadiformes, molares grandes e con esmalte groso, non presentan unha mandíbula moi cara fóra, cara curta, dedos de pés e mans curvos, unha posición bípeda que provoca a reducción da pelvis adiantando o parto nas mulleres, un aumento da capacidade craneal...


O Homo ergaster é propio de África, e viviu entre fai aproximadamente uns 1.9 e 1.4 millóns de anos. O H. ergaster é posiblemente o ser intermedio entre o H. habilis e o H. erectus. Este homínido caracterízase por ter unha cultura material mayor cá do H. habilis, unha talla moi similar á nosa e un gran tamaño cerebral. A súa infancia, adolescencia e adultez teñen unha duración intermedia entre a do chimpancé e a nosa. Presenta unha constitución física bastante parecida a nosa, cunha complexión un pouco máis robusta e forte e cunhas cadeiras algo máis anchas. Existen teorías que din que este podería ser o primero homínido con capacidade para o lenguaxe articulado.
Falemos do Homo antecessor, que habituo o continente europeo fai uns 900000 anos (salientar que restos deste homínido foron atopados aqui, en Atapuerca). Eran individuos altos, fortes e cun cerebro un pouco máis pequeno ca o do home actual. Caracterízase polos rasgos primitivos no seu aparello dental, por unha morfoloxía mandibular que vai recordar á de individuos posteriores (H. heidelbergensis) e unha morfoloxía facial similar á do H. sapiens.
Seguimos co Homo heidelbergensis, procedente do H. antecesor e que habitou Europa fai máis duns 600000 anos. Eran seres altos, moi fortes, con grandes craneos moi aplanados, mandíbulas saíntes e con gran apertura nasal. O seu nome proven da cidade de Heidenberg (Alemaña) onde foron hallados os seus restos. Posuían unha pelvis ancha e maior separación das pernas, que xunto cos brazos, teñen proporcións moi similares ás nosas. O seu cráneo presenta rasgos tanto arcaicos como modernos, con órbitas oculares máis ou menos cuadrangulares coronadas por amplias crestas supraorbitales, mandíbulas robustas, un neurocráneo coa parte posterior redondeada...


No hay comentarios:
Publicar un comentario