HOMO RUDOLFENSIS:

O Homo rudolfensis é unha especie de homínido que habitou no leste de África fai entre uns 2 e 1.7 millóns de anos mais a sua existencia foi coñecida fai relativamente pouco tempo (os primeiros restos fósiles desta especie foron atopados en 1986 no lago Turkana tamén chamado Rudolf, en Kenia)

Este é unha variante do Homo habilis, que se caracteriza pola forma da súa cara (alongada, profunda e inclinada cara diante na parte supraorbital), volumen craneal (750 cm3 fronte os 500 cm3 do Homo habilis), e nos dentes, presenta uns post-caninos máis amplios, raíces e coroas máis complexas e esmalte máis groso. Tamén presentaba un padal en forma de U ( o do Homo habilis tiña forma de V).

Co tempo atopáronse máis fósiles deste individuo. Unha parte dunha mandíbula inferior (2007), un cráneo coa mandíbula superior (2008) e a mandíbula inferior máis completa das especies homínidas coñecidas ata hoxe , coñecida como KNM-ER 60000 (2009).
O hallazgo dun fósil da mandíbula do H. ergaster no norte de Kenia, demostrou que este, a parte de convivir con H. habilis, descende do Homo rudolfensis.
ALEX CERDEIRA BARRAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario