domingo, 6 de mayo de 2018

                                          APLICACIÓNS DA                BIOTECNOLOXÍA:

APLICACIÓNS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA:

AGRICULTURA:
Resultado de imagen de alimentos transgenicosMediante a enxeñería xenética poden modificarse as características de gran cantidade de plantas para facelas máis útiles para o home. Estas son as chamadas plantas tranxénicas. Un 10% das colleitas pérdense debido ás malas herbas, porcentaxe que se pode reducir grazas a este tipo de enxeñería. Grazas a enxeñería xenética, permítese a práctica da agricultura en zonas que por diversos factores, non sería posible.

GANDARÍA:
Denominamos a un animal coma "transxénico" cando se lle introduce artificialmente no seu xenoma o ADN doutras especies. Isto faise para mellorar a resistencia dos animais ante as enfermidades, aumentar o seu crecemento, fins científicos...


Debido ó descoñecemento sobre os efectos que este tipo de alimentos causan nos seres humanos, a comercialización de animais transxénicos non é legal.


Exemplo de traballo de investigación en animais transxénicos: “O Oncomouse”
Resultado de imagen de oncomouseA comezos de 1980, investigadores da Facultade de Mediciña de Harvard produciron un dos primeiros ratos modificado xenéticamente, pois era propenso a contración de cancros.
Ao denominado Oncomouse se lle introduciu un oncoxeno que favoreceu o crecemento de tumores; este animal foi concebido coma un medio para a investigación sobre o cancro.

APLICACIÓNS AO MEDIO AMBIENTE:

BIORREMEDIACIÓN:
Resultado de imagen de biodegradacionA biodegradación é o proceso natural polo cal os microorganismos degradan ou alteran moléculas orgánicas transformándoas en moléculas máis pequenas e non tóxicas. Sen embargo, este proceso é moi lento e pode acelerarse introducindo determinadas bacterias ou plantas nos ambientes contaminados. Esta intervención é a coñecida como biorremediación e defínese como o emprego de organismos vivos para eliminar ou neutralizar contaminantes do chan ou da auga. Os procesos de biorremediación basicamente poden ser de tres tipos: degradación encimática, remediación microbiana e a fitorremediación.
DEGRADACIÓN ENCIMÁTICA:
Resultado de imagen de degradacion enzimáticaConsiste no emprego de enzimas no sitio contaminado co fin de degradar as substancias nocivas. Ditas enzimas son previamente producidas en bacterias transformadas xeneticamente. 
REMEDIACIÓN MICROBIANA:
Resultado de imagen de prestigeRefírese o uso de microorganismos directamente no foco da contaminación. Estes microorganismos poden xa existir no lugar contaminado o ser introducidos dende outro ecosistema (inoculación). Hai bacterias e fungos que poden degradar facilmente o petróleo e os seus derivados. Tamén poden degradarse, parcialmente, compostos como o PBC, arsénico, selenio... Os metais pesados como o uranio, cadmio e mercurio non son biodegradables, máis as bacterias poden concentralos de tal maneira que os ailla para facilitar a súa eliminación. 
FITORREMEDIACIÓN:
Resultado de imagen de fitorremediación Consiste no uso de plantas para limpar ambientes contaminados. Aínda que todavía está en desenvolvemento, constitúe unha estratexia moi interesante, debido á capacidade que teñen algunhas especies vexetais de absorber, acumular e/ou tolerar altas concentracións de contaminantes como metais pesados, compostos orgánicos e radioactivos... As vantaxes que ofrece a fitorremediación fronte os outros procesos son o baixo coste e a rapidez coa que poden levarse a cabo certos procesos degradativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Etsy

Etsy  Tal y como la misma conpañía se define, “E tsy es un mercado global de artículos únicos y creativos. Es el hogar de un universo d...