A volta ao mundo en 80 fallas
Hoxe ímos realizar unha viaxe polo mundo na procura de fenómenos como fallas converxentes, diversentes, puntos quentes... Mais, que son estos fenómenos?
Fallas converxentes: Un borde converxente ou destructivo é o borde de choque entre placas tectónicas. Nos bordes converxentes unha das placas da litosfera afúndese baixo a outra consumíndose no manto e fálase de subducción. Este tipo de bordes leva á formación de cordilleiras e está asociado con zonas de actividade volcánica e sísmica orixinadas pola fricción das duas placas.
Fallas diverxentes: Un borde diverxente é o límite entre dúas placas litosféricas contiguas que se separan. Conforme as placas diverxen, novo material ascende por procesos magmáticos desde o manto terrestre, creándose nova litosfera, por lo que tamén recibe o nome de borde constructivo. Ao igual que os bordes converxentes, os bordes diverxentes están asociados a actividade volcánica e sísmica.
Fallas transformantes: Un borde transformante é o borde de desplazamento lateral dunha placa tectónica respecto á outra. A súa presenza é notable grazas ás discontinuidades do terreo.
Hai dous tipos de falla transformante: as que segmentan as dorsales mesoceánicas e as que forman os bordes pasivos entre placas tectónicas continentales.
Puntos quentes: Son áreas de actividade volcánica alta en relación aos seus entornos. A diferenza de outras áreas de vulcanismo como as zonas de subducción ou as dorsais oceánicas o vulcanismo dos puntos quentes non están necesariamente asociados ás partes limítrofes das placas tectónicas.
Comezamos a nosa viaxe en España. Dirixímonos como primeiro punto as Illas Canarias, concretamente a Fuerteventura onde vixitamos o Puerto del Rosario, preto dun punto quente. As illas Canarias formáronse pola acción de puntos quentes, ascenso do magma do interior da Terra ó exterior (actividade volcánica entre as placas Africana e Euroasiática). Facemos escala en Islandia é aquí vemos unha falla diverxente (separación entre as placas Norteamericana e Euroasiática). Despois viaxamos a San Andreas onde atopamos a falla transformante de San Andrés en California (desplazamiento lateral das placas Pacífica e Norteamericana). Esta falla é famosa por producir grandes e devastadores terremotos. Considerase que a península de Baixa California se formó pola actividade desta falla. Este mismo proceso está movendo a ciudade de Los Ángeles en dirección cara a bahía de San Francisco, acercándoas a unha velocidade duns 4,5 cm por ano. Saímos de California para adentrarnos en Piura, Perú, onde se atopa unha falla converxente (choque entre as placas Nazca e Sudamericana) que leva ao elevamento dos Andes e forma os Arcos Volcánicos na parte sur. Agora atopámonos en Wellington, Nova Zelanda, cunha falla converxente , esta, respecto aos seísmos, o máis forte foi o terremoto de Napier acontecido en 1931 e dunha magnitude de 7.8 graos(250 mortos) e respecto ao vulcanismo o máis forte e recente foi o Trawera en 1886 onde morreron aproximadamente 120 persoas(choque entre as placas Indoaustraliana e Pacífica). Viaxamos a Sapporo, Hokkaido, Japón. Aquí vemos outra falla converxente (choque entre as placas e Euroasiática-Pacífica). Visitamos o Himalaia onde apreciamos unha falla converxente (choque entre as placas Euroasiática e Indoaustraliana). O choque entre ambas placas orixina sismos que se extienden máis alá da placa e a elevación da corteza, resulta.do desta actividade o Everest e todos os picos elevados do Himalaya. Finalmente regresamos a España rematando así a nosa viaxe polo mundo.
Percorrido da viaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario