lunes, 30 de octubre de 2017


        Entrevista a un investigador do Instituto Español de Oceanografía:

          VICTORIA BESADA, DIRECTORA DO CENTRO OCEANOGRÁFICO
E INVESTIGADORA DE CONTAMINACIÓN MARINA

           Bos días, somos alumnos do centro IES ROU, e queríamos formularlle algunhas cuestións:


      1. Cantos anos levas traballando no instituto?

   -  Entrei no ano 1985 como becaria, levo traballando 32 anos.

      2.Que estudos cursaches para converterte no que es agora?

   - Lincencieime en química e fixen un doctorado

      3. Que é o que máis che gusta do teu traballo? E o que menos?

   - Gústame o traballo no laboratorio e tamén participar nas campañas oceanográficas onde recollemos materiais para despois realizar os nosos estudos.
   - O que menos me gusta é a realización de informes, aunque agora mesmo é o que máis fago.

      4. Que che inspirou a ser investigador oceanográfico?

    - Era un campo que me atraía e o instituto deume unha beca para unha licenciatura en química.

      5. Cal foi a investigación que fixeches da que máis orgullosa te sintas?

   -Fixen un estudio importante sobre los niveles de metales pesados, que é o campo que máis traballo dentro da contaminación mariña (mercurio , cadmio , plomo), na maioria de especies pesqueiras.

      6.  Cal foi o teu proxecto máis complicado?
 
    - O nomeado anteriormente , xa que tiven que coordinar a recollida de mostras de nove institutos oceanográficos, a parte doutros sectores.

      7. En que proxecto estas traballando agora? Podes falarnos un pouco del?    (aplicacións)

- Participo nalgúns proxectos do equipo de contaminación, tamén nun europeo que se chama Beisman onde vemos microplásticos no medio marino e os contaminantes que teñen asociados con esos microplásticos

      8. Cal foi a tua ultima investigación? que resultados obtiveches?

- Ademáis dos proxectos que conseguimos en convocatorias competitivas, xa sexan da Unión Europea, Nacional ou da Xunta de Galicia; traballamos en proxectos estructurais do Instituto Español de Oceanografía como os programas de vixianza da contaminación mariña, nos cales sempre nos atopamos traballando.
Podoche dicir, no caso dos metáis pesados, o cal é o meu campo de especialidade, observamos que as medidas tomadas coma a prohibición do chumbo no uso das gasoliñas resultou moi beneficiosas para o medio mariño.

        Moitas grazas polo teu tempo e colaboración :)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Etsy

Etsy  Tal y como la misma conpañía se define, “E tsy es un mercado global de artículos únicos y creativos. Es el hogar de un universo d...