Nevado del Ruiz, Colombia.
A traxedia do Armero, como se lle coñece a erupción do Nevado del Ruíz (estratovolcán formado por capas de piroclastos), a máis recente das erupcións máis mortais de historia. Esta tivo lugar no ano 1985. A traxedia toma ese nome xa que devastou o pobo colombiano enteiro de Armero, situado na ladeira de volcán. Este volcán acabou coa vida de uns 24.800 cidadáns.
A actividade volcánica está producida pola subducción producida entre a placa de Nazca coa Sudamericana. Esta foi a segunda erupción volcánica máis mortífera do século XX (superada só pola erupción do monte Pelée)
De nada serviron os avisos que recibira o Goberno colombiano sobreo o perigo dunha inminente erupción. O 13 de novembro de 1985 o volcán lazou material piroclástico a máis de 30 kilómetros de altura. Expulsou un total de 35 millóns de toneladas e alcanzou un índice de explosividade volcánica de 3 (nunha escala sobre 8).
Os fluxos piroclásticos fundiron a neve e o glaciar da cima do volcán provocando catro lahares (fluxo de sedimento e auga que se move polas ladeiras dun vocán).
Dous de cada tres habitantes de Armero morreron.
O pobo de Armero, situado a pouco menos de 50 kilómetros do volcán foi fortemente golpeado polos lahares. Faleceron máis de dous tercios dos habitantes (20 000 dos 29 000 que tiña). As víctimas aumetaronse debido ás mortes en pobos cercanos, chegando asi as 24 800.
Os traballos de rescate dificultáronse polo lodo, que facía case imposíbel o movemento. Tivo especial importancia un video e fotografías dunha adolescente víctima da traxedia, chamada Omayra Sánchez, que estivo atrapada 3 días ata que morreu.
Alex Cerdeira Barral
No hay comentarios:
Publicar un comentario